15/12/12

EDARDO CASTRO...["istoriador verinense"]


Rexiomontanos... Somos un grupo de amigos, nados nesta bisbarra ou vivindo nela, percorremos seus camiños polo val e as montañas, escoitamos das xentes lendas e tradicións, vemos mámoas, lagares rupestres, fontes, castros, verdes lameiros, bacelos que van cambiando seu colorido, verde, amarelo, vermello, ocre, as árbores, salgueiros choróns, freixos, carballos, castiñeiros, o amarelo das chorimas no seu tempo, morado das queirugas... Tanta beleza e tanta istoria. Queremos neste blog dar a coñecer esta terra que tanto nos gusta, compartir seus encantos, querémola nós que a queiran todos...

Rexiomontaneidade

Eduardo Castro


 A partires de agora iníciase esta andaina que nos levará por camiños históricos e lendarios, atravesando lugares de vivenzas únicas que se adentran até o máis profundo dos mitos e a memoria colectiva dun pobo, nunha íntima relación do Ser Humano co seu entorno e consigo mesmo, alegoría da espiritualidade aínda presente en contacto coa Mai Terra e coa veneración á Natureza. O lugar de partida évos aquí mesmo, dende esta aldea imaxinaria. A forma son letras e proxectos artellados a carón da lareira e entre as bravas fragas dos montes. Iremos entón xuntos na procura de inquedanzas, de colleitas de centeo, do grao do tempo pasado, de dignificación de xente afouta, labregos de seu, de dramas individuais e de vergoñas dos poderosos. Seremos acompañados nos carreiros por xente tan silente como a aguia o vento ou as estrelas, todos xuntos até onde o fado quiser.

Sexais benvidos